Wednesday 08 de May de 2024

A mocidade da Pobra poderase iniciar no parkour no 18 de novembro


O obradoiro de iniciación ao parkour constitúe a cuarta das propostas que achega o programa A Pobra Moza!. Este taller dirixido á xuventude que supere os 12 anos desenvolverase no 18 de novembro, a partir das 19.30 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.

Disponse ata o día 17 para se anotar mediante a seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdr5UB5kyWpK7-_djIlLJ-y8-IxHTdx_2-fW_wp66YsruZa9A/viewform?urp=gmail_link.

Esta axenda posta en marcha pola Concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), para diversifica-lo ocio da xente nova, encara así a recta final.